Até 2.500 euros se está a pedir por un exemplar en ebay.
A decisión da Audiencia Nacional española multiplicou a popularidade da revista satírica “El Jueves”. De feito, case non fixo falta retirala dos quioscos, os lectores esgotaron a publicación en moitos puntos.
Agora, para os coleccionistas, xa está dispoñíbel El Jueves en internet, concretamente en ebay. Polo número censurado chégase a pedir 2.500 euros na rede. Porén, unha cousa é pedir e outra é dar, a maioría das poxas andan entre os 10 e os 100 euros.