Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois de dimitir a de economía por corrupción

A ministra de Defensa arxentina, imputada por contrabando de armas

Acúsana de vender 6.739 kilos de partes de fusís a un empresario arxentino residente nos EUA por un prezo moi baixo.

Redacción - 11:40 20/07/2007
Nilda Garré

Nilda Garré

Na cuarta feira a ministra de Defensa arxentina, Nilda Garré, foi imputada por un xuíz do Penal Económico arxentino por un suposto delito de contrabando de armas, mais ela asegurou non ter nada a ver: "Non pode haber ningunha responsabilidade miña".

Garré negou ter recibido unha imputación, mais fontes xudiciais arxentinas confirmaron que a ministra de Defensa e polo menos outros catro funcionarios foron imputados polo delito de contrabando, ao autorizar a súa oficina o envío de 6.739 quilos de partes de fusís, fabricados pola empresa estatal Fabricaciones Militares, á compañía dun empresario arxentino que vivía nos Estados Unidos, por un prezo moi baixo.

Mais as armas pararon na aduana e ao se enterar a ministra asegurou non se ter fixado no prezo de compra, e engadiu "os prezos das vendas non son da miña competencia. Non me chamou a atención". Ademais, Garré dixo descoñecer o tipo de fusil cuxas pezas foran "vendidas", sendo o máis empregado polas Forzas Armadas da Arxentina. o FAL.

Para terminar de se defender, a ministra vinculou esta acusación cos intereses políticos da campaña electoral, e dixo que vai haber varias actuacións deste tipo por todo o país que pretenden desacreditar o goberno de Néstor Kirchner.

Na mesma semana, a ministra de economía gardaba 49.000 euros no baño
O caso de Garré coñécese uns días após atopar unha bolsa con 49.000 euros no baño do despacho da agora ex ministra de Economía, Felisa Miceli. Tamén a secretaria de Ambiente, Romina Picolotti, foi denunciada este mes ante por gastos e contratacións supostamente excesivas, e varios dos seus funcionarios víronse na obriga de renunciar no cargo, acusados de subornos na obra pública.

Todas estas sospeitas de corrupción complican o final do goberno de Kirchner, e o caso da súa ministra de Defensa coñeceuse xusto no día no a muller do presidente arxentino e senadora, Cristina Fernández de Kirchner, presentaba a súa candidatura presidencial para as eleccións do mes de outubro.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: