Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
ORGANIZADAS POR GALIZA NOVA

Vigo acolle unhas xornadas sobre a historia do movemento nacionalista

Esta sexta feira, na Casa galega da Cultura, falarán Xosé Manuel Beiras, Encarna Otero e Manuel Anxo Fernández Baz.

Redacción - 12:43 19/07/2007

Para coñecer o xermolo que lle deu corpo aos movementos nacionalistas actuais en Galiza, e saber máis dos procesos históricos e políticos que abranguen grande parte do século XX, e estes primeiros tempos do XXI, e que moldearon e moldean o movemento nacionalista galego actual, dende Galiza Nova estruturaron estas xornadas, que tentan de dar cabida tanto ás análises de expertos e estudosos, coma ás experiencias dos protagonistas da historia do nacionalismo galego contemporáneo.

Neste sentido, veñen como convidados ás xornadas -que se desenvolven na Casa Galega da Cultura de Vigo, a sexta feira día 20, mais xa tiveron o seu comezo a semana pasada-, dúas persoas participantes dos movementos nacionalistas contemporáneos, Xosé Manuel Beiras Torrado e Encarna Otero Cepeda; e Manuel Anxo Fernández Baz, politicólogo.

Á volta das xornadas, tamén está aberta unha exposición, coa colaboración da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, na mesma Casa Galega da Cultura, titulada O camiño do Autogoberno, que foi elaborada pola propia AS-PG e polo Instituto de Estudos Chairegos, e fai un percorrido polo camiño do autogoberno en Galiza.


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: