A Hamaika Telebista Hedatzeko Taldea conseguiu a licenza de televisión para cada unha das comarcas de Euskadi.
Deste xeito, a asociación Hamaika consegue tamén o seu obxectivo de crear unha rede de televisións locais en éuscaro e avanzar no proceso de normalización lingüística.
Hamaika é unha asociación creada polas empresas EKHE (Gara), EKT (Berria), CMN (Deia e Noticias), Euskaltel, Elkar e Bainet, para darlle pulo a unha rede de televisións locais en éuscaro o máis ampla e estensa posíbel.
Tras meses de acordos con distintas cadeas locais, na terza feira Lakua adxudicoulles a última que lles faltaba das 15 demarcacións da Comunidade Autónoma Vasca que querían cubrir.
No concurso no que estaba Hamaika tamén participaban outras empresas, como a COPE ou Canal Euskadi, solicitando 4 e 6 licenzas respectivamente, sen conseguir ningunha. Os que lograron as licenzas que tiñan solicitado foron o grupo Vocento (12 licenzas), Hamaika e Localia (que solicitaran 15 licenzas cada unha).