Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Limpa a túa roupa de inxustizas"

Esíxenlle a Inditex que informe os accionistas da vulneración dos dereitos de quen fai a roupa

Dentro da campaña "Roupa Limpa", a ONG galega Amarante vaille formular varias preguntas á Xunta de Accionistas do grupo téxtil galego.

Redacción - 18:56 16/07/2007
Campaña Roupa Limpa

Campaña Roupa Limpa

A ONG galega Amarante Setem vaille esixir a Inditex, na súa xunta de accionistas desta terza feira, que informe a todos os seus socios capitalistas de cómo se están a vulnerar os dereitos laborais das persoas que traballan nas súas fábricas provedoras.

É xa o quinto ano consecutivo que esta ONG, en representación da Campaña "Roupa Limpa" (CRL), estará presente na Xunta de Accionistas do grupo téxtil galego, e Fernanda Couñago, subdirectora de Amarante, será a persoa que faga chegar todas as preguntas que propoña a xente ao Consello de Administración de Inditex.

Nesta web da campaña podes facerlle as preguntas que desexes a Amancio Ortega e ao seu Consello de Administración.

Polo activismo accionarial

Xa hai anos que a federacións de ONG's Setem, á que tamén está adherida Amarante, é propietaria de accións de Inditex e de Adolfo Domínguez, o que lles permite estar presentes na toma de decisións de ambas as dúas empresas, e controlar o seu funcionamento e as posíbeis irregularidades que poida haber, como a explotación laboral.

Lembrándolles ás grandes empresas a súa responsabilidade social

A campaña "Roupa Limpa" trata de avanzar na política de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), facendo que as dúas grandes corporacións exerzan un rigoroso control en todos os pasos, da produción á comercialización da súas mercadorías: a roupa.

Mais, segundo lembra Amarante, Inditex segue a estar vinculada a casos de vulneración dos dereitos laborais nas fábricas que producen para ela; os últimos en Perú e Camboxa. Neste último país, os traballadores, segundo din dende a ONG, "cobran unha media de 37 euros ao mes e existe o acoso e o asasinato selectivo de líderes sindicais".


4,63/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxe do filme 'China Bleu', proxectado por Amarante dentro da campaña "Roupa Limpa"
Imaxe do filme 'China Bleu', proxectado por Amarante dentro da campaña "Roupa Limpa"