Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR UNHAS CONDICIÓNS LABORAIS DIGNAS NO SECTOR

Empresas, sindicatos e asociacións de consumidores xúntanse por un téxtil xusto

Durante a Semana Internacional da Moda de Madrid, as empresas do sector téxtil están a reunirse con diversos sindicatos, asociacións de consumidores, Intermón Oxfam e a coordinadora de oenegués estatais Setem (na que figura a galega Amarante). O obxectivo é conseguir unhas condicións laborais axeitadas, especialmente nos países de baixo custo da man de obra.

- 12:08 20/02/2007
Tags:

As oenegués, agrupadas en Setem, propoñen á FEDECON o desenvolvemento dun plan de responsabilidade empresarial, que incluiría medidas como formar ás empresas, definir un código de conduta que cumpra a normativa internacional e asegurar a súa verificación, e realizar un etiquetado con información precisa. Solicitan tamén que o goberno incentive ás empresas responsábeis, e faga as compras públicas a estas empresas. Lembran que o 70% das pezas de vestir fabrícanse en países en vías de desenvolvemento, e máis do 40% das pezas que nos visten fabrícanse en países onde non se respectan os dereitos laborais internacionais.

Pola súa banda, Anxo Asensio, presidente da FEDECON, asegura que as empresas membros están moi implicadas e son pioneiras en aplicar os códigos de conduta na parte da súa produción que deslocalizan nos países emerxentes. FEDECON acolle unhas 3.500 empresas.

Mentres, campañas específicas como Roupa Limpa de Setem, e Tira do Fío, de Intermón, insisten en que, malia o éxito na aplicación do código de conduta, seguen a ser violados os dereitos humanos, e lembran que os consumidores son tamén responsábeis: o seu poder de decisión de compra é a clave para que as prácticas das empresas evolucionen cara a unha ética máis responsábel.


Ligazóns

0/5 (0 votos)