Xa puidemos gozar dun duplo cedé cunha recompilación do mellor metal galego. Agora teremos, ademais, a oportunidade de velo en directo, esta fin de semana en Teis.
Quen non parase de escoitar Gallaecian Metal Compilation, o dobre álbum editado a comezos de ano que contiña 26 cancións dalgúns dos mellores grupos galegos de Hard Rock e Metal, pode agora achegarse a Teis para velos en directo: dez das bandas estarán este venres e sábado ao vivo na Carballeira da Guía, no Gallaecian Metal Fest.
Para demostrarnos que os diversos estilos de metal galego están no seu mellor momento, o venres descargarán toda a súa enerxía no escenario os grupo vigués de death metal Fallen Sentinel, o dark black metal progresivo dos composteláns Kathaarsys, Ardegan, heavy en estado puro dende Moraña, Descent e os vigueses Inverno, co seu gótico progresivo. Xa o sábado, os tamén vigueses Freedom Xlave, os coruñeses Trashnos, o metalmelódico dos pontevedreses To Nowhere, os composteláns Codename, coa seúa mestura de rock, funk e metal, e os vigueses Sky dancer completan o programa.