O presidente español asegura que haberá banda larga en todos os municipios antes de que acabe o ano.
O presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, aproveitou a súa visita a Galiza para anunciar a construción dun satélite que estará operativo en 2010. O proxecto, que custará 200 millóns de euros, servirá para “a prevención de catástrofes naturais e control de fronteiras”. Zapatero fixo este anuncio no porto de Vigo onde presidiu a Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía. No mesmo anunciou que a finais de 2007 todos os concellos terían cobertura de banda larga.
Pola súa banda, preto de trinta traballadores dos comités de Ferroatlántica e da mina de Serrabal camiñaron dende Redondela até Vigo para se entrevistar co presidente do goberno español. Aínda que non puideron chegar até onda Zapatero, os sindicalistas enviáronlle unha mensaxe para solicitar a modificación do trazado do AVE: “o único xeiro de garantir os empregos presentes e futuros”.