Substitúe a Xacinto Parga, actual presidente de Portos de Galicia.
A falta de cambios de conselleiros, o Goberno, especialmente a póla socialista, continúa a mudar cargos. Este mesmo xoves, o Consello da Xunta anuncia que Alberte González Fernández vai ser o novo delegado da Consellaría de Política Territorial na Coruña. Xacinto Parga deixa o cargo logo de ser nomeado presidente de Portos de Galicia.
González Fernández naceu en 1968 en Ferrol. Arqueólogo de profesión, era até o de agora funcionario da Consellaría de Cultura onde participou en catalogacións e delimitacións urbanísticas de numerosos planeamentos municipais.