O presidente portugués coincidiu na necesidade de buscar novas vías de colaboración.
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, trasladoulle este mércores ao presidente da República de Portugal, Aníbal Cavaco Silva, a necesidade dunha maior colaboración entre os dous países. Quintana e Cavaco Silva mantiveron un encontro aproveitando o acto inaugural da exposición “No Caminho sob as estrelas, Santiago e a pregrinação”. Quintana subliñou que Galiza ten que estar en primeira liña da construción europea colaborando con Portugal.
O vicepresidente apostou por afortalar “un verdadeiro espazo de colaboración bilateral e de participación entre Galiza e Portugal en materia de cultura”. Quintana lembrou “a confluencia e sintonía histórica” con Portugal. O vicepresidente puxo como exemplo a Eurorrexión e apostou para que nun futuro “vaia máis alá da elaboración de proxectos puntuais e que sente unhas bases sólidas para unha colaboración transfroiteiriza permanente”
Cavaco Silva coincidiu nos vínculos históricos entre Galiza e Potugal e amosouse confiado en que a cooperación entre os dous países vaia a máis.