PSdeG e BNG apostan por un “cambio radical” nas actuacións políticas.
Socialistas e nacionalistas pecharon este mércores un “principio de acordo” para un pacto de goberno na Deputación de Lugo. As dúas formacións apostan por un “cambio radical” desta institución que remate con “tantos anos de políticas clientelares”. Unha das principais novidades, tal e como xa se adiantara, vai ser o protagonismo que se lle quere dar á oposición nos órganos provinciais.
Xosé Antón Bao (BNG) confirmou que o acordo está practicamente concretado aínda que non descartou que as conversas continúen logo da investidura do socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro.