No acto tamén estiveron presentes o presidente do goberno español e o ministro de xustiza, este último en calidade de notario maior do reino.
O novo ministro de Cultura promete o seu cargo, este luns en Madrid
Os novos ministros prometeron este luns os seus cargos ante o xefe do estado, o rei Juan Carlos I, no pazo da Zarzuela de Madrid. Ao acto asistiron o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, e o ministro de Xustiza, Mariano Fernández Bermejo, en calidade de notario maior do Reino de España.
Elena Salgado, á fronte de Administracións Públicas, onde substitúe a Jordi Sevilla, César Antonio Molina, como ministro de Cultura, substituíndo a Carmen Calvo, Bernat Soria como titular da carteira de Sanidade, que ocupaba Elena Salgado, e Carme Chacón de Vivenda, que até o de agora dirixía Maria Antonia Trujillo, prometeron os seus cargos ante o monarca sobre un exemplar da constitución española, acompañada dunha biblia e dun crucifixo.