Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barbanza

Edición xestionada por Adolfo Muíños
RSS de Barbanza
NOVOS APOIOS Á PLATAFORMA AMBIENTAL DE CORRUBEDO

Altofalante e BNG de Ribeira rexeitan tamén a instalación en Corrubedo dun parque acuícola

A Asociación Cultural Altofalante ven de facer pública a súa oposición a calquera tipo de contrución industrial tanto no cabo Corrubedo coma na Laxe Brava -ou O Corgo- e esixe que fiquen preservados para as xeracións vindeiras os valores naturais do cabo e os usos agrogandeiros tradicionais na parroquia de Corrubedo. Pola súa parte o BNG de Ribeira apoia tamén a conservación do litoral da antedita parroquia, pois é o único virxe do Concello de Ribeira. A franxa litoral do Corgo está incluída na rede Natura 2000 e o plan da Xunta prevé que a futura planta acuícola linde coa zona e realice vertidos no mar, co perigo que isto suporá para os cantís de percebe, os baixos explotados pola pesca artesanal e os areais de Corrubedo (Balieiros e As Barreiras) e Espiñeirido. Ademais, para o BNG é desproporcionada a reserva de terreo prevista pola Xunta (308.000 metros cadrados) e obrigará á expropiación de numerosas leiras que aínda se cultivan e se empregan para levar ao pouco gando que queda na zona. Son dous novos apoios á campaña emprendida pola Plataforma Ambiental de Corrubedo.

Redacción - 11:36 06/07/2007


Ligazóns

3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Punta do Corgo
Punta do Corgo