Xunto co seu compañeiro Javier Hernanz, en K-2, 1.000 metros. A mañá da sexta feira non deixou moitas alegrías para os galegos, xa que o equipo formado por Bea e Mascato, en C2 1000, ficou fóra da final.
Foi o segundo posto de Jovino González e Javier Hernanz, que fixo que pasasen directamente á final, o máis destacado das competicións da mañá, xa que o resto de palistas galegos e españois que competían de mañá, non lograron opasar das semifinais.
Aínda fican as competicións da tarde, que comezan a partir das 18 horas
Pola tarde, a partir das 18 h., David Cal, que xa está clasificado para a final de C1, 1000 metros, disputará as semifinais de C1, 500 metros, para entrar nunha final que lle escapou onte no último momento, ao entrar de cuarto na liña de chegada.
O outro galego aínda na competición, Carlos Rial, que, a pesar de chegar na segunda posición onte en K-1, 500 metros, non entrou directamente na final, por causa dos tempos, terá na tarde da sexta feira unha segunda oportunidade, saíndo ás 18:15 dende a liña 1. Quince minutos máis tarde, o C2 500 metros dos dous palistas d'O Grove, Alfredo Bea e David Mascato, sairá, con moitas posibilidades de se meter na final.