Os dous quedaron na terceira posición; Cal en C-1, 1.000 e 500 metros e Portela, coas súas compañeiras de K-4, 500 m. O outro galego que tamén se clasificou foi o cangués Carlos Rial.
Ás 11:14 horas da mañá da quinta feira competía David Cal nos 1.000 metros canoa, e ficou na terceira posición, por detrás do ruso Maxim Opalev e do ucraíno Yuri Cheban, pasando directamente a competir na final, que se celebrará o vindeiro sábado.
Na tarde da sexta feira, o galego competirá arredor das 18:10 horas, nas semifinais dos 500 metros canoa, tentando meterse de cheo na final.
Na xornada da sexta seguen as clasificacións para a final do domingo
As competicións comezan ás 11 horas na pista de Pontillón do Castro, en Verducido.
Ainara Portela debe remar ás 11 horas en K-1, 1000 metros, metida xa na semifinal; e tamén pola tarde, arredor das 18 horas. Emilio Merchan ás 11:14 horas, na semifinal de K-1, 1000 metros.
Os galegos David Mascato e Alfredo Bea estarán remando preto das 11:30 horas, nas semifinais de C-2, 1000 metros, e ás 18:30 horas, tamén nas de 500 metros.
Javier Hertnanz, acompañado do galego Jovino González, no seu regreso á competición, reman ás 11:35 nas semifinais de K-2, 1000 metros.
Verónica Moreno, Silvia Vázquez, Laura Pedruelo e Victoria Fraile compiten a media mañá nas semifinais de K-4, 1000 metros. Saul Cavriotto, Manuel Muñoz, Jaime Acuña e Borja Prieto compiten na semifinal da mesma categoría uns 10 minutos despois.
O cangués Carlos Rial, que ficou segundo en K-1, 500 metros, clasificándose para a semifinal, rema ás 18:15, e Ana Ruz e Zorayma Cazorla reman xuntas uns cinco minutos despois, na semifinal de K-2, 500 metros.