Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Non haberá bipartito

PSdeG e BNG rachan negociacións en Lugo

Os nacionalistas acusan directamente a Orozco de que non haxa acordo. Os socialistas, á "parte dura do Bloque"

Redacción - 14:30 28/06/2007
Xosé Clemente López Orozco conversa cun veciño durante a pasada campaña electoral

Xosé Clemente López Orozco conversa cun veciño durante a pasada campaña electoral

Contra as 13.30 horas desta quinta feira, PSdeG e BNG de Lugo decidían romper as negociacións que, dende a sinatura do acordo marco asinado por Emilo Pérez Touriño e Anxo Quintana o pasado 11 de xuño e tras unha serie de desencontros, estaban a levar a cabo co fin de chegar a un pacto de goberno no concello.

Este cuarta feira, o BNG presentou unha oferta en que renunciaban á tenencia de alcaldía única, malia que así se especificaba no acordo nacional, a cambio de asumiren competencias únicas nas súas áreas, sen intromisións das empresas privadas creadas polo concello e que baleirarían de contido as súas responsabilidades. Porén, o PSdeG ratificouse na oferta presentada por este grupo o pasado sábado.

"Orozco, principal culpábel"

O voceiro do BNG, Xesús Méndez, acusou directamente a Xosé Clemente López Orozco de impedir a consecución dun pacto, e deixou a porta aberta a retomaren de novo as negociacións nos vindeiros meses.

Pola súa banda, o voceiro do PSdeG, Luís Anxo Lago, dixo que deberá ser o BNG o que "chame á nosa porta" para se volver sentar a dialogar. A formación sostén que se chegara a un acordo en "case todo", mais que se aceptasen a última proposta dos nacionalistas estarían "traizoando aos veciños de Lugo".

Ademais, Lago indicou que o BNG "nunca tivo intención de lograr un pacto", obedecendo ordes da "parte mais radical" de esta formación .


4/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: