Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Preguntas ao novo primeiro ministro británico

"Algunha vez tomou drogas, Mr Brown?"

O diario The Independent publica unha entrevista a Gordon Brown na que foron os lectores os que propuxeron as cuestións.

Redacción - 12:45 28/06/2007

A pasada cuarta feira, o diario británico de esquerdas The Independent -moi crítico co xa ex primeiro ministro do Reino Unido Tony Blair- publicaba unha entrevista con Gordon Brown, feita con preguntas dos lectores, xusto no día en que a raíña Elizabeth II dáballe o encargo de gobernar o país en substitución do primeiro.

Entre as cuestións máis comprometidas ou singulares está, por exemplo, a dunha londiniense que se interesa por se Brown cre en Deus e, de ser o caso, como influirá esta circunstancia na súa política. Na súa resposta, afirmativa, o primeiro ministro matiza que a súa fé ficará no eido do persoal.

Outro lector de Liverpool, pídelle que conteste cunha soa palabra, e visto co pousa que deixa o tempo, se considera un erro a invasión de Iraq, ao que Gordon Brown afirma que "Non".

'Britanidade' e nacionalismo
Algunhas outras moitas preguntas abordan o tema da 'britanidade', do nacionalismo (Brown é escocés), e do futuro do Reino Unido, así como tamén a posibilidade de se pasar ao euro. O primeiro ministro británico deixa ver que a súa política non variará substancialmente da levada por Tony Blair.

Tamén as hai máis curiosas e simpáticas. Así, pregúntanlle por se algunha vez tomou drogas, que é que non, ou por un bo restaurante económico ao que levar á moza a cear: "un chinés en Kirkcaldy chamado Maxin's", recomenda Gordon Brown.


Ligazóns

4,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: