Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A canteira terá un elevado impacto ambiental e cultural e deixa “mutilado” ao futuro Parque Natural do Courel.

A FEG contra a autorización dunha canteira no corazón do Courel aprobada polo Consello da Xunta.

A FEG amosa a súa grande decepción pola decisión adoitado onte polo Consello da Xunta de autorizar a explotación mineira de La Campa en Folgoso do Courel, un proxecto que foi fortemente rebatido por numerosos colectivos sociais e que finalmente non tivo eco nos novos responsables do goberno galego, e moi particularmente no tándem configurado pola Consellería de Industria e a de Medio Ambiente.

Federación Ecoloxista Galega - 13:28 25/06/2007
Tags:

O proxecto autorizado, pendente agora de licenza municipal, viña acompañado xa dunha importante polémica que se remonta o anterior goberno, e que amosa polo tanto unha política continuísta e errática do actual, no tocante á planificación territorial e a preservación do patrimonio natural e cultural en particular dos espazos máis senlleiros.

Cabe destacar que esta mina tiña moi difícil xustificación técnica para contar dunha favorable Declaración de Impacto Ambiental, pero no ano 2004 a Consellería de Medio Ambiente resolve favorablemente esta cuestión, unha vez que se reduce a superficie proposta a incluír na Rede Natura 2000 e quedar liberado no Courel terreos de alto interese mineiro, entre outros, os considerados nesta nova autorización.

Esta canteira, “Campa-Santa Eufemia”, ocupa un Espacio Natural declarado en 1989-1990, no medio da cunca do Lor, e vai supoñer a propia destrución do río Loruda.


Dende a FEG vemos con escepticismo cal pode ser agora o resultado do recente anuncio para a declaración do Parque Natural da Serra do Courel, recordar que Galicia é unha das Comunidades con menor superficie de territorio protexido baixo a figura de Parque Natural, xa que o visitante vaise atopar cunha paisaxe tremendamente mutilada, a modo de queixo cheo de buratos, e cunha calidade ambiental moi deteriorada.

A FEG considera que a situación actual en política ambiental practicada pola nova Xunta de Galicia é a de “un paso adiante e dous atrás” e que a estas alturas unha das exixencias mínimas que deberían estar cumpridas sería ter blindado a protección dos espazos naturais máis sobranceiros.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: