Demandaba a unidade territorial de Euskadi e Navarra, a liberación de presos enfermos e a derogación da Lei de Partidos.
O xornal vasco Gara sinala na súa edición deste domingo que ETA se comprometeu a “desactivar a loita armada e desmantelar as súas estruturas militares” días antes da reunión entre membros do PSOE e de Batasuna que puxo o punto e final nas negociacións. Segundo o diario, a reunión entre socialistas e abertzales celebrouse o pasado 21 de maio nunha cidade europea. No encontro, o PSOE rexeitou a proposta presentada por Batasuna
Na súa oferta, ETA comprometíase a deixar definitivamente a loita armada. A cambio pedía a unidade de Euskadi e Navarra, a liberación de presos con doenzas graves e o achegamentoa cadeas vascas dos demais. Tamén se solicitaba a derogación da Lei de Partidos.
Poden ler en Gara a información completa.