Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Os de Vigo cumpriron, mais Betis e Athletic tamén

O Celta descende á Segunda división

Galiza perde un dos seus dous representantes na Liga de fútbol profesional. Confírmase que a destitución de Fernando Vázquez non era a solución.

Redacción - 19:05 17/06/2007

O Celta de Vigo xa é equipo de Segunda división. Malia vencer por dous goles a un ao Xetafe, non se puido lograr o que hai tres semanas xa se percibía como un imposíbel.

Tanto Athletic de Bilbao como Betis de Sevilla lograron gañar ambos os seus dous partidos contra Levante de Valencia e Racing de Santander, respectivamente, polo que os de Vigo fican na antepenúltima posición da táboa e a vindeira tempada non poderán xogar en Primeira.

Finalmente confírmase o que moitos críticos coa directiva xa temían: o cesamento do actual seleccionador nacional, Fernando Vázquez, e a fichaxe do búlgaro Hristo Stoitchkov -un grande xogador, mais sen ningunha experiencia como adestrador- non serviron para frear a caída en picado do Celta de Vigo cara á Segunda.

Cómpre reflexionar e comezar a preparar xa a volta á máxima categoría, para que a Rianxeira volva soar de novo por toda Europa.


3/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: