Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Rafa Sáez e Carnero, Kresic ou Floro, posíbeis substitutos

O Celta destitúe a Fernando Vázquez

O club vigués comunicou na noite deste luns o cese do adestrador de Castrofeito.

Redacción - 22:36 09/04/2007
O técnico galego, na súa visita á redacción de Vieiros

O técnico galego, na súa visita á redacción de Vieiros

O Consello de Administración do Celta de Vigo decidiu logo dunha xuntanza ordinaria destituír o adestrador do primeiro equipo, Fernando Vázquez. Mediante un comunicado, o club olívico “agradece” a Vázquez “o traballo realizado" nas case tres tempadas en que dirixiu o conxunto.

Vázquez fíxose cargo do Celta na tempada 2004-05. Acadou o ascenso a Primeira División, categoría que o conxunto galego perdera o ano anterior. Na súa segunda tempada acadou a clasificación para a Copa da Uefa ao rematar sexto, unha das mellores marcas para un equipo recentemente ascendido.

Porén, esta campaña, sobre todo este 2007, está a ser desastrosa no que á competición de liga se refire. Os galegos, con vinte e sete puntos, ocupan actualmente a antepenúltima posición, a dous puntos da permanencia e con só unha vitoria en Balaídos no que vai de tempada.

De momento descoñecese o nome do sucesor de Vázquez no banco celeste aínda que se baralla a posibilidade de que ocupe o cargo o técnico do Celta B, Rafa Sáez, xunto con Moncho Carnero, ou mesmo a incorporación de Sergio Kresic ou Benito Floro.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: