O secretario xeral do PSdeG presentará a súa proposta na Comisión Federal de Listas do PSdeG.
Gómez Besteiro
O secretario xeral do PSdeG e presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, proporá á Comisión Federal de Listas do seu partido as candidaturas de Salvador Fernández Moreda e de Xosé Ramón Gómez Besteiro á presidencia das deputacións provinciais da Coruña e Lugo, respectivamente.
Salvador Fernández Moreda é economista e concelleiro na Coruña. É presidente da Deputación da Coruña desde 2003, cargo que tamén ocupou desde 1991 a 1995.
Xosé Ramón Gómez Besteiro é avogado e secretario xeral da Agrupación Socialista lucense. Concelleiro en Lugo na pasada lexislatura, onde foi delegado de Urbanismo. Tamén exerceu como deputado provincial.