O socialista Xaime Rey revalida o seu mandato en Redondela co apoio dos nacionalistas
A nacionalista Clara Millán tomou este sábado o bastón de mando na localidade de Cangas, grazas ao apoio dos seus socios de goberno PSdeG e Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE).
O BNG de Millán volve conquistar a alcaldía logo de oito anos, e releva ao popular Xosé Henrique Sotelo. As tres formacións de esquerdas asinaran este venres un pacto de goberno polo que Millán convértese en rexedora, e se constitúen tres tenencias de alcaldía, unha para cada agrupación.
Redondela
No municipio de Redondela, repite como alcalde o candidato do PSdeG, Xaime Rey, quen recibiu o apoio dos seus seis edís e dos tres nacionalistas. Estas formacións aínda non acadaron un pacto de goberno, mais teñen previsto retomar as conversacións a partir da vindeira semana.