Os catro concelleiros nacionalistas e os tres populares rematan con 24 anos de goberno socialista.
Domingo Dosil será o novo alcalde de Muros grazas ao apoio do PPdeG. Os tres concelleiros populares sumados aos catro nacionalistas mudan un goberno que os socialistas ostentaban dende había 24 anos.
O conservador Xosé Antón Siaba será o tenente de alcalde. En declaracións a Europa Press, Siaba xustificou o pacto co BNG e sinalou que tivo o permiso da dirección provincial do seu partido.