O presidente do goberno vasco afirma que en ningún caso aceptará que o futuro de Euskadi se decida en Madrid.
Ibarretxe pediu respecto para a reforma do Estatuto aprobada en Vitoria
O presidente do goberno de Euskadi, o 'lehendakari' Juan José Ibarretxe manifestou este venres a súa decisión de, "previa autorización" do Parlamento do país, convocar unha consulta democrática antes da fin desta lexislatura -na primavera de 2009- "porque son os vascos os que deben decidir que futuro queren" e "faga o que faga a ETA".
Ibarretxe asegurou que que en ningún caso aceptará que o futuro de Euskadi se decida en Madrid, e que chegado o momento, corresponderalle á cámara vasca esta responsabilidade. Neste senso sinalou que a consulta popular gozará de toda a "validez política", aínda que manifestou as súas reservas respecto ao aval xurídico co que puidese contar.
O presidente vasco realizou estas declaracións en resposta a unha interpelación do deputado do PP, Leopoldo Barreda. Ademais, solicitou respecto para o coñecido como 'Plan Ibarretxe', xa que esta reforma de Estatuto contou coa maioría absoluta do parlamento de Vitoria.