Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Palestina

A Liga Árabe apoia a Abás, mais non critica a Hamás

Os países membros condenaron "os actos criminais recentemente cometidos en Gaza", e solicitaron "retornar á situación previa aos incidentes".

Redacción - 12:00 16/06/2007

Os ministros de Exteriores dos 22 países membros da Liga Árabe amosaron este venres o seu respaldo a Mahmud Abás, presidente da Autoridade Nacional Palestina (ANP) e líder de Al Fatáh, así como tamén ao parlamento palestino dominado por Hamás. Ademais, pediron o cesamento da violencia entre as dúas organizacións.

Nunha reunión de urxencia da Liga Árabe, os xefes diplomáticos dos países membros condenaron "os actos criminais recentemente cometidos na franxa de Gaza" e solicitaron "retornar á situación previa aos incidentes", segundo afirmaron nun comunicado.

Comisión de investigación
"Apoiamos ao presidente Abás e apoiamos á Asemblea Lexislativa electa", declarou o secretario xeral da Liga Árabe, Amro Musa, nunha conferencia de prensa. Os ministros árabes acordaron, ademais, a necesidade de "preservar calquera acto de violencia en Cisxordania así como a integridade dos territorios palestinos".

Neste senso, anunciaron a creación dunha comisión de investigación sobre os actos de violencia que nos últimos días aconteceron na Franxa de Gaza. O grupo de traballo estará formado por representantes de Exipto, Qatar, Xordania, Arabia Saudita, Tunisia e o secretario xeral da Liga, Amro Musa.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: