Con repartición de áreas en paralelo ás responsabilidades de goberno que socialistas e nacionalistas xestionan na Xunta.
As dúas formacións acordaran ter en conta nese reparto os propios temas nos que cada un dos grupos adicara máis atención durante o labor de oposición nos últimos anos. Ao tempo, tamén decidiron que as áreas nas que exercerán responsabilidade os edís de cada un dos grupos coincidan coas que exerce a respectiva formación no goberno da Xunta.
O voceiro do PSdeG, Francisco Rodríguez, quen desde este sábado será novo alcalde de Ourense, afirmou estar seguro de que o pacto de socialistas e nacionalistas responderá "á demanda de colaboración dos ourensáns" e garantirá o "máis alto nivel de estabilidade" para a cidade das Burgas. De paso, explicou que a distribución de áreas de xestión se deseñara na procura da "mellor operatividade e eficiencia posíbel". Polo seu lado, o líder do BNG ourensán, Alexandre Sánchez Vidal, confirmou que o seu grupo vaille dar "o apoio ao novo alcalde" este sábado co obxectivo de consolidar "un goberno estábel".