Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Anxo Quintana será o vicepresidente

O Goberno nomea os representantes na comisión mixta Galiza-Estado

Como vogais estarán cinco conselleiros socialistas máis a secretaria de Igualdade, Carme Adán. Antón Losada será o secretario.

Redacción - 18:39 14/06/2007
Anxo Quintana será o vicepresidente da comisión

Anxo Quintana será o vicepresidente da comisión

O Consello da Xunta designou os representantes do noso país na reunión da comisión mixta entre a administración estatal e a Xunta. A xuntanza será, previsibelmente, a vindeira terza, 19 de xuño. Os vogais nomeáronse en función das materias que se han tratar.

O vicepresidente da comisión será o tamén vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana, e como secretario estará o responsábel da secretaría xeral de Relacións Institucionais, Antón Losada. Actuarán de vogais os conselleiros de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu; Economía e Facenda, Xosé Ramón Fernández Antonio; Educación, Laura Sánchez Piñón; Sanidade, María Xosé Rubio; Traballo, Ricardo Varela, e a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán.

En representación dos tres grupos parlamentarios, acudirán Xosé Antonio Orza, polo popular; Xaquín Fernández Leiceaga, polo socialista, e Iago Tabarés, polo nacionalista.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: