Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
A primeira cidade en pechar pacto

PSdeG e Esquerda Unida completan en Ferrol o acordo de goberno

Os líderes do PSdeG ferrolán, Vicente Irisarri, e de EU, Iolanda Díaz, informaron este martes do pacto. O BNG responde o xoves ao convite a integrarse nun tripartito.

Redacción - 09:00 13/06/2007

PSdeG e Esquerda Unida chegaron este martes ao punto de encontro final sobre o deseño do novo goberno local ferrolán. Así e todo, informaron que o plan para o reparto competencial foi elaborado para dous escenarios posíbeis, un deles para a coalición exclusiva das dúas formacións e outro deseño contemplando a integración do BNG no acordo de goberno.

O líder do BNG en Ferrol, Xoán Xosé Pita, que en días pasados xa mantivo contactos coas outras dúas formacións, foi informado xa das áreas que ao fío desas negociacións entre as tres forzas, lle corresponderían ao Bloque no posíbel tripartito. A asemblea local dos nacionalistas este próximo xoves será clave para decidir sobre a integración do BNG no goberno. Á espera desa decisión, socialistas e Esquerda Unida convocaron aos medios para o próximo venres, día anterior á constitución formal das novas corporacións municipais, para informar dos detalles do novo goberno local.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: