Segundo a xuíza, Pablo Deramond non cometeu delito por non ter ánimo de ofender a Manuel Candal.
O ex-líder do Partido Socialista en Vilamartín de Valdeorras, Pablo Deramond, foi condenado a pagar unha multa de 200 euros por unha falta de inxurias contra o alcalde, Manuel Candal, do Partido Popular. Os feitos aconteceran en novembro do 2002.
A sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Ourense considera probado que algunhas frases incluídas nun comunicado emitido naquelas datas por Duramond supoñían inxurias contra o alcalde. Nel dicía cousas como: “Que lle pasou na súa relación cunha empresa, que se instala no noso concello sen ningún tipo de permisos e da cal vostede certos regaliños, un millón de pesetas no ano 1998 e 500.000 pesetas hai dous anos”.
A maxistrada atendeu á petición do fiscal de considerar os feitos unha falta de inxurias e non un delito, como reclamaba a acusación particular, por constatar a intención do acusado de denunciar unha situación inmoral sen ánimo de ofender a persoa que ostentaba a alcaldía. Segundo informa a edición de La Voz de Galicia en Ourense, a xuíza tamén rexeitou a petición dunha indemnización de 6.000 euros para Candal.