Nove curtametraxes de todo o mundo concorren ao certame, que se desenvolverá dentro das xornadas Mundos Dixitais 07.
A Coruña prepárase para Mundos Dixitais, xornadas dedicadas á creación audiovisual por ordenador. A súa sede será o edificio da Fundación Caixa Galicia no Cantón Grande, do 3 ao 7 de xullo. O segundo día estará dedicado ao Festival Internacional de Animación, onde participan cinco curtametraxes de animación do estado e outras catro do resto do mundo.
Unha das finalistas é The Grandfather of Soul, produción de Keytoon Animation Studio, cuxo director creativo, Jaime Maestro, dará tamén unha conferencia.