Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
REACCIÓNS Á FIN DA TREGUA EN IRLANDA

Gerry Adams: “todas as partes deben volver a un diálogo real”

O Sinn Feinn argumenta que o proceso de paz irlandés non tería triunfado sen "redoblar os esforzos"

Redacción - 17:20 05/06/2007
Gerry Adams / Foto: Wikipedia

Gerry Adams / Foto: Wikipedia

“O que nos ensinou o proceso de paz en Irlanda é o fundamental que é redoblar os esforzos para non deixar morrer un proceso de paz”. Con estas palabras o líder do Sinn Feinn, Gerry Adams, pedía esta tarde un novo esforzo a “todas as partes” para que retomen “un diálogo real” de cara a lograr o fin da violencia en Euskadi.

Adams -líder dos republicanos irlandeses e que conduciu o IRA ao desarme- asegura que cómpre involucrarse en profundidade nas negociacións para “asegurarse que o proceso comeza de novo a andar”. Malia todo, o presidente do Sinn Feinn, asegura sentirse “decepcionado” tras o anuncio de ETA de que hoxe remataba a súa tregua.

Ao longo do proceso de paz en Euskadi téñense trazado comparacións coas negociacións que deron fin ao IRA; comparacións que foron rexeitadas tanto polo Partido Popular como polo Goberno socialista.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: