Os usuarios piden axudas económicas e formación para que as PEMEs migren a programas abertos
A Asociación de Usuarios de GNIX (AGNIX) vai solicitar aos novos gobernos municipais que se comprometan co software libre, tal e como xa fixo a Xunta a través do PEGSI. Este grupo de usuarios argumenta que os programas abertos serven para que os poderes públicos aforren en licenzas e sexan máis transparentes de cara aos cidadáns.
Así, unha vez que se constitúan os plenos locais, AGNIX vai remitir aos 315 municipios, a FEGAMP, as catro deputacións e a Consellería de Presidencia un documento no que expón as vantaxes dos programas abertos para a administración local.
No texto tamén figuran figuran unha serie de peticións, como, por exemplo “axudas económicas e un servizo de apoio á pequena e mediana empresa que queira migrar” e que “o novo software propio que sexa preciso desenvolver se publique baixo licenzas libres e empregue estándares abertos”.
Segundo informa Mancomun.org, o manifesto inspírase nun documento similar promovido por Softcatalá .