Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Ataques desde a executiva ao barón lugués

López Abella insiste en que a deslealdade de Cacharro explica o fracaso electoral do PPdeG en Lugo

A vicesecretaria xeral do PPdeG, Susana López Abella, volve criticar a Cacharro, ao que lle atribúe ampla responsabilidade na perda de poder na provincia.

Redacción - 09:00 05/06/2007

Ás portas da cita coas urnas, a deputada luguesa xa cargara contra o presidente en funcións da Deputación de Lugo, asegurando que Cacharro estaba por tras da promoción dalgunhas listas do Partido Galeguista e de Terra Galega na provincia de Lugo e atribuíndolle xestións para tratar de formar outras que se quedaron no camiño.

Despois do significativo descenso en votos do PPdeG en toda a provincia, caída traducida na perda do poder na Deputación, Susana López Abella recupera as críticas contra o barón popular lugués e subliña que este "non foi suficientemente leal co partido". López Abella considera que o acontecido o 27M confirma as acusacións que ela mesma lanzara durante a campaña electoral cara a Cacharro Pardo. "Aínda que somos forza predominante na provincia de Lugo, non imos ter a deputación nin algunhas alcaldías tradicionais do partido", laiouse.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: