Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
MUNICIPAIS07

A perda de forza do “vazquismo” facilita o pacto PSdeG-BNG na Coruña

Aínda que as negociacións formais non comezaron, socialistas e nacionalistas son optimistas.

Redacción - 13:23 04/06/2007

O líder dos nacionalistas coruñeses, Henrique Tello, negou este luns que o BNG impuxera condicións enriba da mesa para negociar un pacto enriba da mesa: “A negociación aínda non comezou, só houbo un intercambio de ideas”, explicoulle a Vieiros.

Tello está convencido que a maioría dos coruñeses avogan por un “goberno de esquerdas” non consistorio. Con respecto ás negociacións, afirma que o BNG non quere falar de pasado: “O que importa agora é o futuro, e iso é o que imos negociar”.

Aínda que un medio local asegurou a semana pasada que os principais problemas teñen que ver coa política lingüística, Tello nega que se teña aínda falado desta cuestión: “No tema da política lingüística só queremos que se cumpra coa legalidade e non pensamos que vaia haber problemas por isto”. Lembra que hai outros asuntos centrais a tratar como é o caso da vivenda ou do transporte público. Agárdase que o venres comecen as primeiras conversas formais entre os dous grupos.

Modelo esgotado
Sexa como for, non semella que teña posibilidade de éxito un pacto entre populares e socialistas, tal e como tiña proposto o ex alcalde Francisco Vázquez. Fontes consultadas por Vieiros aseguraron que o agora embaixador no Vaticano ten cada vez menos control sobre a agrupación local. Losada, en concordancia coas teses do PSdeG, está disposto a abrir unha nova xeira política consciente de que o modelo “vazquista” está definitivamente esgotado.


Ligazóns

4,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: