Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TAMÉN HABÍA DENUNCIAS POLA FALTA DE TRANSPARENCIA

Medio Rural chimpa o presidente do Consello da Agricultura Ecolóxica por obstrucionismo

A consellaría decidiu o cese de Gabino Vázquez e abre un prazo dun mes para que se escolla un novo presidente en funcións.

Redacción - 14:02 30/05/2007
Os socios do consello teñen que escoller un novo presidente antes dun mes

Os socios do consello teñen que escoller un novo presidente antes dun mes

O Diario Oficial de Galicia, DOG, publica este mércores o cese de Gabino Vázquez Fernández, até ese mesmo momento presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica. Dende Medio Rural explican que a decisión tomouse debido ao incumprimento de funcións e á falta de colaboración deste cargo. O malestar da consellaría con Gabino Vázquez xa vén de vello. De feito, o pasado 20 de marzo decidiuse abrirlle un expediente administrativo que culmina agora co seu cese.

Medio Rural lembra que mesmo o Parlamento ten esixido unanimamente unha maior transparencia e democracio no seo do consello regulador. Mais o que xa acabou coa paciencia da consellaría foi o feito de que se negara a entregar documentación para realizar o reparto de vogais que exerceran como representantes de produtores e distribuidores.

Logo da drástica medida, o consello regulador disporá dun mes de prazo para elixir un novo presidente en funcións até que se convoquen eleccións. Medio Rural considera estratéxico o sector e lembra que se queren facer cuantiosos investimentos para facer rendíbel estes cultivos.


4,63/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: