Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

Negreira e Losada fanse as beiras

Desde o PSdeG, Orozco, Caballero, Bugallo, Rodríguez ou Irisarri non tardaron en facer chamadas ao pacto co BNG desde as súas cidades. A excepción, Losada na Coruña.

Redacción - 09:30 29/05/2007

Déronse presa a maioría de candidatos do PSdeG aos que as sumas lles garantirían o acceso á alcaldía en subliñar que a vontade expresada polos cidadáns é a necesidade de procuraren pactos. Abel Caballero en Vigo, Xosé Antón Sánchez Bugallo en Santiago ou Francisco Rodríguez en Ourense foron dos que máis axiña trasladaron a mensaxe pública ao BNG sobre o pacto posíbel. En Ferrol, Vicente Irisarri, e malia a que os resultados lle permitirían especular coa busca dun goberno a dous con Esquerda Unida, recoñeceu valorar tamén a negociación cos nacionalistas.

Ao respecto tamén se pronunciou Xosé Clemente López Orozco, a quen os cidadáns acaban de quitarlle a beizón da maioría absoluta. Orozco recoñeceu que a primeira prioridade sería a recuperación dun pacto similar ao xa asinado en 1999. Con todo, e despois dunha campaña electoral con fortes enfrontamentos cos nacionalistas, e especialmente co cabeza de lista do Bloque lugués, Xosé Anxo Laxe, Orozco advertiu que "o pacto polo pacto non ten sentido" e non deixou de especular cun achegamento cara ao PPdeG, do que dixo estar seguro que será posíbel o entendemento en moitas ocasións ao longo do próximo mandato.

A excepción coruñesa Cun ex alcalde metido a diplomático, as diplomacias semellan paradoxais por terras herculinas, onde desde o Vaticano xa chegou a recomendación do ex rexedor e mentor do alcalde en funcións e candidato socialista, Xavier Losada. Así, segundo Francisco Vázquez: "hai que pactar co PP".

Desde o PP coruñés, o propio candidato Carlos Negreira facía mención da recomendación vazquiana e pedíalle á dirección socialista que teña en conta esa proposta. Negreira falou en favor de que o PSdeG coruñés debera desmarcarse dun pacto global dos socialistas co nacionalismo no resto de Galiza. Ao respecto, insinuou unha certa vontade de apoiar que a lista máis votada, neste caso a socialista, e facilitar un goberno en minoría de Losada ao que lle garante diálogo nos grandes temas "de interese para a cidade".


2,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: