Roberto Mera conseguiría para os nacionalistas a alcaldía de Ponteareas
O BNG é a forza máis votada en Ponteareas e sumaría abondo cos socialistas para formar goberno, porcentaxe conxunta que pola contra as dúas formacións políticas non conseguirían no Porriño, onde o Bloque é tamén a primeira forza en votos.