Na primeira entrega chegaron os votos de até 22.368 emigrantes inscritos no Censo de Residentes Ausentes e un total de 32.245 cidadáns residentes en Galiza ou nalgún punto do resto do Estado.
Segundo os datos proporcionados pola delegación do goberno español en Galiza, estas son as cifras provisionais á espera de que ao longo da tarde se produza unha segunda entrega de voto por correo, momento no que se coñecerá o total definitivo.
As 22.368 papeletas chegadas de fóra do Estado son o 65% do total de 34.400 emigrantes que fixeran os trámites para votar nestes comicios municipais. Un total de 18.864 foron enviados a mesas electorais da Coruña; 15.087, a Pontevedra; 12.709 en Ourense; e 8.054 a Lugo.
Do resto do Estado chegaron 32.345 papeletas, e un total de 8.897 están xa en mesas electorais da provincia da Coruña; 6.740 en Pontevedra; 4.754 en Ourense; e 1.977 en Lugo.