O bluetooth que teñen instalado contabilizou 513 descargas a móbiles do seu programa e máis da súa sintonía de campaña, "Nas ondas do mar".
Tamén andaron a contabilizar as visitas na súa web, que chegaron a unhas 2.000 nesta semana, mais moita xente da que entrou obviou o programa elect0ral -"59+1 actuaciones prioritarias para Ferrol"- e foi directamente a descargar a "discografía independiente", formada por todas as cancións de campaña; clásicos populares ferrolás como Ferrol, donde yo nací, Por las calles de ferrol o Una noche en la Calle Real.
Por outro lado, o actual alcalde e candidato do PP á alcaldía, Juan Juncal, -que tamén ten web e blog- está a empregar catro segways, ou patíns eléctricos para repartir a publicidade e o merchandising pola cidade durante a campaña. Baixo os lemas "Amar Ferrol" e "Centrados en ti, Juncal Alcalde", percorrerán até a sexta os barrios da cidade repartindo o programa electoral.
Esta foi unha campaña abondo "musical" para os dous partidos que forman o actual goberno, PP e IF. Juncal, ademais, ten planeado darlle tamén un peche melódico, cun concerto do grupo ferrolán Los Limones, que compuxeron unha canción para a ocasión.