Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

PPdeG: seguros de ter "os votantes máis fieis"

"Este domingo os cidádáns pecharán cos votos unha paréntese na historia de Galiza que se chama bipartito", asegurou Núñez Feijoo en Xinzo.

Redacción - 09:00 25/05/2007

"Algúns confían en que a Xunta evite a súa derrota, nós confiamos nos cidadáns para a nosa vitoria", dixo Alberte Núñez Feijoo en Xinzo, asegurando ver "gañas por parar a imposición mutua da política socialista e nacionalista sobre a sociedade galega e ter gobernos de liberdade e con outra responsabilidade sobre os dereitos da xente". Cargando contra o actual executivo, Feijoo engadiu que o labor do bipartito se caracteriza por "enfrontamento, descoordinación, incoherencia e parálise" e pediulles aos cidadáns que non deixen reeditar nos concellos a situación.

Feijoo aproveitou tamén a actualidade da sinatura do acordo de Pescanova en Portugal para acusar á Xunta de deixar marchar "trescentos empregos legais". Por outra parte afirmou que nunca imporá "a pobreza de so poder empregar unha lingua cando temos a riqueza de ter dous e poder aprender unha terceira". "E nunca avalarei, en nome dos galegos, a negociación con terroristas", engadiu. A continuación dixo estar seguro de ser o partido cos votantes "máis fieis".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: