Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Preto do Camiño Primitivo

O fiscal investiga ao alcalde de Lugo por outorgar "a dedo" un vertedoiro ilegal

A apertura de dilixencias produciuse logo de que o PPdeG presentase unha denuncia contra o socialista Xosé López Orozco. O concello deixou de recadar dous millóns de euros.

Redacción - 18:00 24/05/2007
O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco

O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco

O fiscal provincial de Lugo abriu dilixencia contra o alcalde lucense, o socialista Xosé Clemente López Orozco, logo da denuncia presentada polo PPdeG na que o acusan de outorgar a concesión dun vertedeiro ilegal de residuos "a dedo".

Segundo asegura o PPdeG, Orozco autorizou a utilización dun terreo do concello -duns 70.000 metros cadrados-, situado na parroquia lucense de San Cibrao, "verbalmente e sen mediar trámite administrativo nin informe xurídico ningún", como vertedoiro ilegal.

Ao carón do novo hospital
O deputado popular Xaime Castiñeira e concelleiro do PP en Lugo, cualificou a situación dos terreos como un atentado "urbanístico e ambiental", xa que, segundo este, o vertedoiro atópase moi preto do Camiño Primitivo de Santiago e do predio onde estará o novo hospital de Lugo.

Ademais, denunciou que se atopa "nun lugar que o PXOM cualifica de Solo Non Urbanizábel de Especial Protección", e asegurou que "carece de estudo de impacto ambiental" e que "a concesión por parte de Orozco foi verbal". "É unha ilegalidade en beneficio dun particular", engadiu Castiñeira, polo cal, segundo denunciou o PPdeG, o concello deixou de recadar dous millóns de euros nos seis anos que leva funcionando.


3,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: