De Vigo, a metrópole máis poboada, a Negueira de Muñiz, o concello máis pequeno de Galiza. Un repaso ás claves das sete cidades e dalgunhas das comarcas con máis en xogo nestes comicios municipais.
Vigo: á procura do tempo perdido
O fracaso do goberno PSdeG-BNG levou a Corina Porro á alcaldía viguesa. O bipartito da Xunta aboca ao PSdeG e ao BNG á formación dun goberno municipal compartido que a sondaxes sinalan tan factíbel como difícil de xestionar.
A Coruña: as borrallas do vazquismo
Francisco Vázquez fixo as maletas nun morriñento mes de febreiro. Hai algo máis dun ano, o controvertido alcalde coruñés recolleu a equipaxe e marchou de embaixador cara o Vaticano.
Ourense: último óso popular por roeren socialistas e nacionalistas?
Despois de Vigo, a loita máis priorizada nas estratexias dos partidos é Ourense. Mentres o fraguismo esmorecía, a cidade das Burgas mantívose coma o único bastión urbano do PPdeG. Véntase un posíbel cambio.
Santiago: decisión capital
O alcalde socialista Sánchez Bugallo quere recuperar o tempo e o peso político perdido. A solución? Facerse coa maioría absoluta. Aos demais candidatos tócalles resistir a súa turrada electoral.
Lugo: Falando do rei de Roma ...
Lugo, cidade -como mínimo- bimilenaria, está afeita dende anos ha aos imperios. 'Lucus', o bosque sagrado de Lugh, habitado por celtas, pasou a ser 'Lucus Augusti' cos romanos. Ben Lugh, ben o césar Augusto, poderíanse considerar os primeiros emperadores lucenses.
Pontevedra: A cidade que cheira futuro
A cidade do Lérez viviu nos últimos tempos importantes cambios. E a saída de ENCE promete ser outro punto de inflexión a prol do impulso desta urbe. Demograficamente, era a sétima cidade até hai ben pouco. Agora é a sexta, e aspira a seguir gañando posicións.
Ferrol: A maldición da Praza de España
O vindeiro 4 de xullo cúmprense cinco anos da desaparición de dous ilustres cidadáns de Ferrol, que durante case corenta anos habitaron a céntrica e arborada Praza de España.
Vilagarcía: A calculadora pide pactos
Atrás das grandes metrópoles, Vilagarcía aparece á cabeza das urbes galegas de tamaño medio. Os prognósticos avisan de caída na maioría socialista e dun posíbel tripartito.
O Deza: as eleccións no quilómetro cero
A comarca, conformada polos municipios de Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón, conxuga a súa vocación agrogandeira cunha poxante industria téxtil e do metal.
Bergantiños: Todos os obxectivos apuntan a Carballo
A miúdo as sete cidades eclipsan a realidade de vilas de extraordinaria importancia no país. Ese é o caso de Carballo, un municipio de 30.000 habitantes que á súa vez é capital da bisbarra de Bergantiños. A campaña está a ser moi dura. O alcalde, o nacionalista Evencio Ferrero, loita por uns resultados que lle permitan desprenderse dun máis que incómodo socio de goberno: Manuel Andrade, líder do CDI e candidato agora por Terra Galega.
O Morrazo: A esquerda prepara o regreso a Cangas
Botámoslle un ollo ao escenario municipal da comarca que conforman Bueu, Marín, Moaña e Cangas.
Negueira de Muñiz: Poucos, roxos e nada populares
Un concello ben peculiar: é o menos habitado do país; todos os seus concelleiros -cinco- son progresistas (catro do PSdeG e un do BNG); e é o único concello de Galiza no que o PPdeG non ten representación. Ademais, o procedemento electoral é de listas abertas, e mesmo conta cunha comuna hippie.