Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

O alcalde de Teo anuncia as súas obras a dupla páxina

Armando Blanco aparece, arrodeado das obras que acometeu dende xaneiro de 2007 e o orzamento que empregou nelas, nunha páxina dupla e enfocado dendo os xeonllos en El Correo Gallego.

Redacción - 19:11 22/05/2007
Con El Fary, mentres recibía a súa 54 condecoración

Con El Fary, mentres recibía a súa 54 condecoración

Coa man no peto esquerdo, e ben sereno, o cabeza de lista polo PP en Teo, e tamén coñecido como Rei das Tortillas, Armando Blanco pagou un anuncio a dupla páxina e en branco e negro en El Correo Gallego, no que enumera todas as obras públicas, xunto coa súa data de aprobación e o orzamento empregado nelas, feitas polo concello durante o seu mandato.

Dende a oposición din que o feito en si non ten porque ser ilegal, mais, de financiamento dudoso, o anuncio está "falto de ética política", ao aparecer xusto na pre-campaña, sen siglas identificativas e porque a meirande parte das obras que anuncia están aínda sen terminar. Ademais, o alcalde emprega símbolos institucionais, como o escudo do concello, ao carón do que se sitúa no anuncio.

Armando Blanco leva como alcalde de Teo 14 anos e ostenta, entre outros títulos -uns 54 que engrosan o seu curioso currículo- o de membro de honra da Irmandade de Antigos Cabaleiros Lexionarios, que recolleu o ano pasado, nunha xuntanza entre amigos que animaba El Fary.

Segundo unha sondaxe da empresa Anova Multiconsultig, feita nos municipios da área de Compostela -Ames, Padrón, Teo e Brión- pode que Blanco non sente este ano na cadeira de alcalde. Segundo as enquisas, o Partido Popular podería perder a maioría absoluta que recuperaría a esquerda, tendo que gobernar en coalición. Martiño Noriega, do BNG, gañaría, segundo esta enquisa, dous concellais máis respecto das eleccións de 2003, e tería que pactar con Jano Leis, cabeza de listaxe do PSOE, co que non se levou moi ben esta lexislatura.


3,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: