Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Entre Ribadeo e Reinante

O novo tramo da A8 ten os topónimos castelanizados

Manuel Parga, do BNG, pídelle ao Goberno que tome medidas para que Fomento respecte a denominación dos lugares do país.

Redacción - 14:27 22/05/2007
A praia de Augas Santas aparece como "Playa de las Catedrales"

A praia de Augas Santas aparece como "Playa de las Catedrales"

O grupo parlamentario do BNG pediulle á Xunta que interveña no que considera unha “falta de respecto” da toponimia do país por parte do Ministerio de Fomento. O deputado Manuel Parga denunciou que na sinalización do tramo galego da A8 aberto hai uns días aparecen formas castelanizadas.

Parga lembra que a Cámara aprobou por unanimidade o compromiso de garantir o uso dos topónimos oficiais e de galeguizar as indicacións da rede viaria do país. Segundo o parlamentario, o uso das formas castelás non se debe a un simple erro, senón a “unha actitude inaceptábel por parte do Ministerio”.

Por iso, o BNG interésase por coñecer a opinión do Goberno sobre o comportamento de Fomento e se coñece a situación concreta dese tramo da Autovía do Cantábrico, entre Ribadeo e Reinante. Ademais, pregunta polas actuacións que vai levar a cabo a Xunta para que se restabeleza a legalidade lingüística nas sinalizacións do Ministerio.


4,92/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: