Un traballador do servizo postal denuncia que o ameazou por culpa do voto por correo.
A loita polo voto semella desquiciar a algúns. Un empregado da oficina de Correos de Maside denunciou a X.M.A.G, fillo do alcalde da localidade, por telo ameazado. Segundo a versión do traballador, o vástago do rexedor e unha veciña protestaron na oficina porque a Xunta Electoral non lle enviaran a esta última a documentación para votar por correo.
Diante da Garda Civil, o empregado de Correos fixo constar que a muller e o fillo do alcalde obrigárono a subir a un coche. Dentro do automóbil ameazárono con perder o seu posto de traballo “se non pedía uns días de vacacións”