Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

Anxo Quintana: Dous anos despois, reapertura da bitácora

"Non é fácil falar dun mesmo así de corrido", lemos na bitácora do voceiro nacional do BNG.

Redacción - 09:00 21/05/2007

19 de maio
"Fixemos entrada nunha gris e case chuviosa Coruña. Alí membros da Asociación de Taxistas de A Coruña tiveron un bonito detalle con nós, insistiron en levarnos até a comercial rúa de Barcelona. Foi un xesto agarimoso. Abandoamos a plataforma ferroviaria para confundirnos no tráfico de vehículos da urbe coruñesa. Camiñamos pola senda comercial con pausas constantes. Entramos nos comercios, falamos da situación do pequeno comercio, das súas dificultades para asomar a cabeza nun entorno de xigantes áreas comerciais".

18 de maio
"Agasallamos aos camiñantes cunha orixinal ideia do noso cabeza de lista vigués, Santi, un libro que ten por nome: A cidade do corazón agochado. Recrea a historia dun neno recén chegado á cidade olívica, como vive eses primeiros instantes nun medio que lle resulta hostil e os acontecementos se sucuden".

17 de maio
"Explicito o desexo de que a lingua nai de Galiza vaia no pensamento, baixe do miolo cara a tráquea e sexa o vehículo de expresión das cordas vocais de todos os galegos e galegas".

16 de maio
"O ordenador está colgado como se dí en lenguaxe informática. Antes de saír para a miña segunda casa, o automóvil, sentéime diante da computadora a escreber e respostar a algúns dos vosos emails. Pero nada. O reloxio ese que sae cando esta traballando ficou na pantalla polo menos durante uns quince minutos".

9 de maio
"Recoñezo que ao primeiro amosei un pouco de estraneza pola cousa do blog. Non séi, o de falar de mín mesmo non me convencía. Son reservado, pois si, e non me vía en semellante situación".


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: