Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

PSdeG: Convite a un "pacto polo territorio"

"Aínda están a tempo de non ir contra o avance da historia e do pobo", advertiulles Touriño aos populares durante un mitin en Noia.

Redacción - 09:00 18/05/2007

Na mesma xornada na que entraba en vigor a Lei de Medidas Urxentes do Litoral e Protección do Territorio, o secretario xeral do PSdeG insistiu cara ao PPdeG en que é necesario o consenso en materia de ordenación territorial.

"Isto é facer país", afirmou Emilio Pérez Touriño ao respecto da nova normativa, desafiando aos populares a dicir a verdade de "por que están en contra". "Non queren que a costa estea ordenada e volva ser de todos?", preguntou, "prefiren que sexa de catro especuladores?". "O PP está a tempo de non ir contra o país", insistiu Touriño durante a súa intervención en Noia, chamándo ao PPdeG a sumarse a un pacto polo territorio "que lles ofertei e seguirei ofertando cada día que sexa presidente". A continuación, falou do territorio e da lingua como "sinais de identidade" de Galiza.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: