Establece como oficial a denominación de Euskal Herria
O Departamento de Educación do goberno vasco presenta este mércores o novo currículo oficial do sistema educativo. O texto fixa os contidos da educación que van recibir os alumnos de entre 6 e 16 anos establece mecanismo para garantir que o éuscaro sexa a lingua principal da eduación obrigatoria.
Ademais o decreto fixa os obxectivos da Educación Básica en Euskadi baixo os seguintes epígrafes: “Aprender a vivir”; “Aprender a pensar”; “Aprender a comunicarse”; “Aprender a desenvolverse”; e “Aprender a vivir xuntos”. Este último bloque inclúe un proxecto sobre a transmisión da cultura propia. O decreto marca a necesidade de que o alumnos aprenda a “identificarse como cidadán vasco nun entorno multicultural”
O goberno vasco sinala que o novo decreto marca as condicións para acadar un “bilingüismo real”. Aínda que o éuscaro será lingua principal, cada centro escolar vai poder elaborar o seu propio proxecto lingüístico e terá unha liberdade real para crear un proxecto curricular propio.