Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
‘Galiza non se vende’

Clamor en Santiago contra a desfeita urbanística

Arredor de 3.000 persoas manifestáronse en Compostela para defender o desenvolvemento sostíbel do territorio do litoral e interior de Galiza.

Redacción - 16:05 06/05/2007
Vista xeral da parza da Quintana no acto de clausura

Vista xeral da parza da Quintana no acto de clausura

Convocados por medio centenar de colectivos ecoloxistas e plataformas cidadás, os manifestantes partiron da Alameda de Santiago ás 12.15 horas para dirixirse á Praza da Quintana baixo o lema ‘Galicia non se vende. Terra viva e vida digna para tod@s’.

Ao remate da manifestación, que encheu de música as rúas de Santiago, leuse un comunicado no que se alertou sobre as consecuencias do “proceso destrutivo do patrimonio galego”.

Participaron na marcha numerosos representantes de plataformas veciñais de todo o país afectadas pola problemática urbanística. Destacada presenza tiveron as de Ferrol, que aproveitaron a concentración para denunciar a destrución da fraga de Menáncaro, aprobada no último pleno do concello.

En declaracións aos medios, membros dos colectivos convocantes comentaron que non descartan organizar futuras protestas para mostrar unha unidade cidadá co fin de preservar o medio galego.


4,59/5 (27 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: